teatro Jofre Ferrol
Donde comer Donde dormir De compras Info práctica Qué ver Qué hacer Playas
Hoxe en Ferrol

castelos / a magdalena / ferrol modernista / natureza / miradores / patrimonio

O conxunto patrimonial histórico de Ferrol ten un gran valor pola ordenación do territorio e o plantexamento urbanístico da cidade. Neste sentido destaca a aproximación á utópica cidade portuaria da Ilustración cun contraste entre o barrio portuario de Ferrol Vello , típicamente medieval, e o de A Magdalena, declarado Ben de Interése Cultural (BIC), que se distingue pola súa rigurosa retícula rectangular e dúas prazas de gran simetría. Este conxunto urbanístico pode considerarse como o exemplo máis próximo á cidade ideal do século XVIII.

 
ARSENAL MILITAR
O diseño xeral do Arsenal ten ás súas oríxes no século XVIII. Destacan as súas formas rectangulares e os segmentos que se rixen pola proporción do "número áureo". En todo caso determinanse as necesidades de tipo funcional do asteleiro, delimitando a zona de armamentos ("parque") e de mantenimento ("diques"), destacando o dique de Campana, un dos diques máis grandes do mundo con 145 metros de eslora e 12 de calado. Este conxunto foi declarado Ben de Interése Cultural (BIC).

 
ARQUITECTURA TEATRAL
O Teatro Jofre inaugurado en 1892, é unha das más importantes obras da arquitectura teatral da España do século XIX. O seu interior de espléndida acústica e fermosa decoración, é testigo da importante actividade cultural da cidade.
 

 
ARQUITECTURA CIVIL
Destacan unha serie de servicios públicos da época da Ilustración. Entre eles a antiga Alameda, hoxe"cantones", cunha importante tradición de xardín botánico e especies vexetais de ultramar. Son ademáis dignas de mención as fontes públicas de San Roque (1784) e a Fama (1786) e o obelisco de Churruca.
 

 
ARQUITECTURA RELIXIOSA
As igrexas máis importantes do século XVIII son as de San Xiao, San Francisco, Nosa Señora dos Dolores, Nosa Señora do Socorro e Nosa Señora das Angustias.
 

guia de ocio ferrol, naron, fene
Web Asociación de empresarios de hostaleria de Ferrol e Comarcas
turismo Ferrol Ortegal Plan de Dinamización Ferrol Ortegal
¡CSS Válido! Directorio de Guías de turismo
Nota legal | Acceso restringido
Ir a playas Ir a callejero  Ir a Cómo llegar Ir a Que ver