|
OUTROS MUSEOS E SALAS DAS COMARCAS
FERROLTERRA
Museo do Humor
Na Casa da Cultura do concello de Fene. Horarios de 9 a 12 da maña e de 17 a 21 polas tardes. Os domingos as visitas son concertadas. Tlf: 981341451. Entrada libre.
Auditorio Municipal de Narón ( Casa da Cultura)
No concello de Narón. Praza de Galicia s/n. Teléfono 981391144.
Parque Didáctico Aldea Nova
No concello de Narón. Lugar de Lagoela s/n. Teléfono 981102592.
EUME
Sala de exposicións Torreón de Andrade
No concello de Pontedeume. É actualmente o centro de interpretación dos Andrade.
Casa do Mel
No concello de As Pontes en Goente. Aberto sábados e domingos de 16 a 21 h.Teléfono 661003616.
Colección Etnográfica do CEIP Monte Caxado.
No concello de As Pontes. Aberto os sábados entre as 12 e as 13 horas e de 18 a 20 horas.
ORTEGAL
Museo Ortegalia
No concello de Ortigueira. O museo permite realizar un percorrido ilustrativo a través da historia, prehistoria e protohistoria da comarca.. Horario de visitas. Martes - Venres de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00. Sábados e domingos de 11:00 a 14:00. Luns e festivos pechado. Tlf: 981402413
Museo Etnográfico de Meixido
No concello de Ortigueira. O Museo está situado no lugar de Meixido, pertencente á parroquia de Freires. Compila unha ampla colección de pezas correspondentes ao desenvolvemento de 30 antigos oficios. Tlf: 981 422 258.
A entrada é de balde.
|