Naturaleza Ferrol , Eume y Ortegal
Donde comer Donde dormir De compras Info práctica Qué ver Qué hacer Playas
Hoxe en Ferrol

castelos / a magdalena / ferrol modernista / natureza / miradores / patrimonio
 
Ferrol, tanto dentro do propio concello cómo en concellos cercanos dispón dunha enorme diversidade de espazos naturais que fan da zona un lugar ideal para disfrutar da natureza e do paisaxe único do norte de Galicia. Ademáis das praias, tanto de ría como de mar aberto, na zona podremos disfrutar de lagoas, bosques e cantíss espectaculares de visita obrigada e inolvidable.
 
COSTA
A comarca de Ferrol destaca polo seu amplio litoral, que permite gozar da natureza, e sobre todo do contacto co mar. Unha paisaxe que permite disfrutar das rías altas ónde atoparemos pequenas e tranquilas praias até grandes arenais abertos ó océano Atlántico, contando con ate 7 praias que gozan do distintivo da bandeira azul.
 

 
LAGOS
 
LAGO DE DONIÑOS
 
O lago de Doniños está emprazado nun profundo val comunicado ca praia de Doniños por un amplio complexo dunar. O lago, que alcanza ata os 9 metros de profundidade nalgúns lugares, é hábitat de numerosas aves, como fochas, zampullines chicos, cerceta común ou ánade real.
 
LAGÓA DA FROUXEIRA
 
A lagoa da Frouxeira, situada no concello de Valdoviño, no frente costeiro do val do río Aviño, ten unha extensión duns 1.600 metros de longo por 500 metros de ancho, hábitat de especies como garzas reais, nutrias, cercetas, patos, ánades, agachadizas, zampullinos, cormoranes grandes e varios tipos de gaivotas considérase como Espazo Natural en réxime de Protección Xeral.
 

 
MONTAÑA
 
FERVENZA DO RIO BELELLE
 
O río Belelle conforma un profundo val no seu curso medio, con frondosos paraxes de gran beleza paisaxística.No transcurso do río polo concello de Neda atópase unha fervenza que salva un importante desnivel de 45 metros que foi elevada ata os 153 metros para construir a presa de Fervenza.
 
FRAGAS DO EUME
 
Considerada como unha das xoias forestais ibéricas , as fragas do río Eume constitúen o máis importante exemplo supervivinte de bosque autóctono sobre a franxa litoral de Galicia . O parque natural "Fragas do Eume" acolle nas súas 9.125 hectáreas de superficie o que foi considerado mellor bosque atlántico costeiro de Europa..Nel habitan especies dunha grande singularidade que lle valeron fama botánica internacional. Os bosques de carballos chamados "fragas" dominan a maior parte de este territorio sobrevivindo á intervención humana dende o neolítico.
Podremos disfrutar dunha paisaxe moi similar ó que fai miles de anos poblaba a maior parte de Galicia e descubrir diferentes especies que por raras, amenazadas, o por situarse fora da súa área normal de distribución, considéranse de gran valor no ámbito científico.
 
 

 
O ACANTILADO MÁIS ALTO DE EUROPA
 
Na serra da Capelada, cerca de San Andrés de Teixido. Ten 613 metros de altura sobre o nivel do mar na Garita de Herveira, e unha pendente do 80 %. A serra da Capelada descende directamente dende a garita de Herbeira ate as augas do Océano Atlántico, nunca sucesión de cantís que se abren o intenso oleaxe. E moi frecuente ollar cabalos en estado salvaxe na estrada que atravesa a serra.
 

guia de ocio ferrol, naron, fene
Web Asociación de empresarios de hostaleria de Ferrol e Comarcas
turismo Ferrol Ortegal Plan de Dinamización Ferrol Ortegal
¡CSS Válido! Directorio de Guías de turismo
Nota legal | Acceso restringido
Ir a playas Ir a callejero  Ir a Cómo llegar Ir a Que ver