|
OUTRAS FESTIVIDADES
FERROLTERRA
Ferrol:
Festas de San Xiao celébranse o 7 de Xaneiro en honra ó patrón de Ferrol. Os actos complementanse cunha degustación gratuita de "arroz con leite", prato típico ferrolano.
Noite das Pepitas: A noite do 18 de Marzo, onde distintas rondallas percorren as rúas da cidade cantando ós encantos da muller ferrolana. Esta práctica vense celebrando ininterrumpidamente desde 1903, conta na actualidade cun festival no que participan todas as rondallas da cidade. Tamén é tradicional que nesta noite todos os locais hosteleiros agasallen os seus clientes cun singular pastel en forma de corazón, coñecido como "Bico das Pepitas".
Romería de Chamorro: O luns de Pascua celébrase a romería con máis tradición da comarca.
Festas de Amboaxe, coñecidas como festas de verán, no mes de agosto.
Narón: Oenach celta: É unha recreación dos oenach celta, que eran os mercados que empleaban as tribus celta na idade de ferro. O día de Narón: 23 de novembro e as festas de verán no mes de xullo
Neda: O 16 de Xuño celébrase a festa d Nosa Señora do Carmen e o 8 de Setembro as Festas de Santa María. A Festa do Río ten lugar os días 30 e 31 de Xullo.
Fene: Festa do camiñante: En Barallobre o primeiro domingo de xullo. A Romería do Pote a última semana de agosto en Maniños e a Festa do Cabalo, que se celebra en Magalofes a finais de Agosto.
Ares: Festa do Mar, en agosto e Fiesta del Corpus,
Mugardos: Festas do Carmen e do polbo o 14,15 e 16 de Julio e o martes de Pentecostés celébrase a Romería da Virxe de Chanteiro.
Cedeira: Festas do Carmen, en torno o 15 de agosto.O Curro da Capelada: Esta festa popular, tamén chamada "Rapa das Bestas", celébrase o último domingo de xuño. A cita é no curro, recinto tradicional o cal os propietarios baixan as reses, que se reúnen e se separan o día anterior ó gran momento. Nese mismo escenario prodúcese o enfrentamento, no que os aloitadores, con sólo as súas mans, loitan coa besta ate lograr reducila para marcala e rapar as súas crines. Festa do Percebe: celébrase os últimos días de xullo.
Moeche: Festival Irmandiño, o terceiro sábado de agosto no que se pretende conmemorar e reivindicar, con carácter festivo, o movimento Irmandiño, o cual supuso unha unión da defensa dos intereses populares en contra dos señores das terras. "Feira do cabalo", celebrase o 23 de Abril.
San Sadurniño: Festas Santa Isabel o 2 de xullo.
As Somozas: Festas de Santiago os días 25 e 26 de Xullo.
Valdoviño: Festas da Asunción celébranse en Meirás, os días 14, 15 e 16 de Agosto, as fiestas de San Mamede: 14-18 Agosto e a Romería do Porto o 11 de xullo
ORTEGAL
Ortigueira: Festas de Santa Marta (finais de Xullo).
Cariño: Festas do Carmen: 15 e 16 de xullo
Cerdido: Festas patronais, entre as que destacan San Antonio de A Barqueira (13 de xuño) e San Martiño de Cerdido (1 de xullo).
Mañón:Festas do Carmen, o 16 de Xullo con procesión marítima en O Barqueiro.
EUME
Cabanas: San Andrés o 30 de novembro en Cabanas e a festividade de San Martiño do Porto, con festexos os días 11 e 12 de noviembro.
Capela: Romería de San Xoan de Caaveiro, que se celebra o 24 de xuño, festa de Cabalar, o 15 de agosto e La Rapa das Bestas "O Curro" é unha festa na que se marcan os cabalos que viven libres no monte. O curro de A Capela celébrase no monte de O Forgoselo.
Monfero: Festa de San Pedro Fix, o 1 de Agosto, Fiesta de San Gabriel, o 27 de Febreiro.
Pontedeume: Festas das Peras, celébranse os días 7, 8, 9, 10 e 11 de Setembro. A Romería de Breamo os días 8 de Mayo e 29 de Setembro e as festas do Carmen: os días 15 e 16 de Xullo.
As Pontes: Festa da Fraga, o 25 de xullo. Festa do Grelo: No mes de Febreiro.
|