|
HOTEL MARCIAL
>> Ref: 271
Río Pereiro, 6-8 Xubia
|
|
| Coordenadas GPS: |
lat N 43.51666º / long O 8.16652º |
|
 |
981384417 | Fax: 981381242 |
|
 |
correo@hotelmarcial.com |
|
|
|
 |
HOTEL MARCIAL, confort e servizo Un servizo esmerado, a coidada atención ao cliente e a cociña tradicional de Galicia, farán da súa estancia un grato recordo.
Grazas á súa estratéxica situación, Hotel Marcial é o lugar idóneo para gozar das comodidades e servizos dunha cidade, e ao mesmo tempo do descanso e recollemento das súas próximas praias, ríos, paisaxes e monumentos. Dispomos de habitacións dobres e individuais. Todas as habitacións son amplas e dispoñen de baño completo, calefacción, televisor, teléfono, fío musical e acceso wifi a Internet. A incorporación das novas tecnoloxías á vida social e laboral é xa unha realidade indiscutible. Conscientes desa realidade, dotamos ao Hotel Marcial de acceso wifi a Internet.
Estamos na zona de Xuvia, a tan só uns metros do paseo marítimo, en Narón, localidade limítrofe con Ferrol, na provincia galega da Coruña. A rúa na que nos atopamos é unha perpendicular á estrada de Castela, a principal arteria de comunicación de Narón É fácil chegar por estrada, autoestrada e mesmo ferrocarril, xa que a estación de Feve atópase a uns poucos metros.
|
|
|
|
|
|