|
CASA DE MOSENDE
>> Ref: 1243
Mosende de Arriba, Lago
|
|
| Coordenadas GPS: |
N 43.57973º / W 8.15609º |
|
 |
34 981 48 61 31 | Fax: 34 981 48 61 31 |
|
 |
casaantigademosende@turvaldovino.com |
|
|
|
 |
Esta acolledora casa de aldea resultante dun edificio do século XIX, de construción tradicional en pedra, foi restaurada respectando a esencia das súas orixes e conxugando tradición e modernidade para facer o máis cómoda posible a estancia do viaxeiro. Por iso a casa conta con piscina climatizada e unha extensa zona axardinada de máis de 10.000 metros cadrados para gozo dos visitantes, ademais dunha completa biblioteca para os amantes da lectura e o descanso sosegado.
Cada dormitorio da casa conta con todos os servizos básicos e unha decoración que os individualiza de xeito singular. E nela atoparemos a distribución típica das casas de aldea, nas que a vida xiraba ao redor dun gran salón con lareira na que a brasa perdura día e noite enchendo de calidez o ambiente.
Para os viaxeiros desexosos de vivir a natureza en plenitude, desde a propia casa prográmanse rutas e excursións e outras actividades de ocio activo que conxugan cultura, natureza e deporte., pesca con cana e submariña, sendeirismo, paseos a cabalo, etc. |
|
|
|
|
|