CAMPING VALDOVIÑO
www.turferrol.com
CAMPING VALDOVIÑO
>> Ref: 1241
Estr. Ferrol - Cedeira, Km. 13
   Coordenadas GPS:   N 43.60955º / W 8.14401º
00 34 981 48 70 | Fax: 00 34 981 48 61
campingvaldoviño@turvaldovino.com
www.turvaldovino.com
O cámping, localizado en pleno corazón das Rías Altas, nunha zona moi tranquila e con grandes posibilidades de diversión, ocio, deporte e aventura, dispón de todos os servizos e infraestruturas para facerlle a estancia moito máis cómoda ao viaxeiro –lavandería, cafetería, zona infantil, servizos para minusválidos, sala de xogos, etc.–, ademais de amplas parcelas cubertas de céspede con conexión eléctrica e baixo zonas de sombra e arboredo.

A súa estratéxica situación –a 10 minutos das estacións de autobuses e ferrocarril, a ½ hora do aeroporto da Coruña e a 1 hora do de Santiago–, contribúe a convertelo nun destino ideal.

Situado nun contorno privilexiado pola natureza, a escasos metros da praia da Frouxeira de máis de 3.500 m de lonxitude e dunha lagoa que forma parte dunha Reserva Natural Europea, o cámping está rodeado ademais por unha diversidade de praias, calas, amplos carrizais, un complexo dunar e bosques de ribeira que farán as delicias dos amantes do descanso en contacto coa natureza e tamén dos que buscan acción a través da práctica de deportes como vela, surf, windsurf, pesca con cana e submariña, sendeirismo, paseos a cabalo, etc..