RESTAURANTE MARCIAL
www.turferrol.com
RESTAURANTE MARCIAL
>> Ref: 1185
Río Pereiro, 6-8 Xubia
   Coordenadas GPS:   lat N 43.51666º / long O 8.16652º
981384417 |
www.hotelmarcial.com
Restaurante Marcial, un ambiente acolledor para unha cociña de primeira
Produtos sempre frescos de primeira calidade, unha coidada elaboración e o cariño que poñemos nos nosos pratos, fixeron de Restaurante Marcial un referente na gastronomía galega.

Totalmente reformado no ano 2008, Restaurante Marcial ofrece agora un ambiente moito máis acolledor e un maior aproveitamento do espazo. A nova cociña, dotada co último equipamento industrial, foi fabricada á medida por un dos maiores fabricantes de cociñas de Europa, provedor dos máis afamados restaurantes.

O noso comedor é amplo e confortable, permitindo, grazas a un sistema de biombos móbiles, distribuílo en espazos de dimensións variables para comidas e ceas privadas.
Totalmente insonorizado, e equipado cun eficaz sistema de aire acondicionado, proporciona un ambiente agradable e acolledor.

En canto á elaboración dos nosos menús, continuamos coa nosa filosofía de seguir ofrecendo sempre produtos da máxima calidade, seleccionados por nós mesmos.
Contamos ademais cunha ampla e variada adega de viños, e, por suposto, a nosa cava de puros.
Todo iso, unido á coidada preparación dos nosos pratos, son sinónimo de Restaurante Marcial.

Para as súas celebracións, comidas de empresa, reunións... ou simplemente sempre que queira gozar da boa mesa, veña a Restaurante Marcial; quedará ben.