TABERNA DO CANTON
www.turferrol.com
TABERNA DO CANTON
>> Ref: 1180
Carmen, 1
   Coordenadas GPS:   lat N 43.48319 / long O 8.23025
981351485 |
tabernadocanton@illasgabeiras.com
www.illasgabeiras.com
A Taberna do Cantón recolle a vella tradición das antigas tascas ou baiucas onde se xantaba moi ben e se bebía mellor, pervivindo nela ese espírito pero nun contorno ben diferente: un espazo diáfano, actual, aberto, luminoso, harmónico e acolledor, onde o bo comer e o bo beber están garantidos grazas ao bo facer de expertos profesionais da cociña que conseguen sabores nos que se mestura o mellor dos pratos tradicionais e a nova cociña galega, e onde os produtos da terra e do mar acadan os seu esplendor. E todo isto acompañado dunha selección dos mellores viños na súa excelente adega, na que se incide especialmente nas novidades.

A Taberna do Cantón localízase, ademais, en pleno centro histórico de Ferrol, nun dos lugares máis emblemáticos da cidade, o Cantón de Molíns, o que foi alá polo século XVIII a primeira alameda pública de Galicia, un paseo entre xardíns e árbores centenarias que convida ao paseo demorado e onde repousar sosegadamente logo dos exquisitos manxares degustados na Taberna.